O Concello de Lugo inviste máis de 20.000 euros en melloras en dous centros educativos da cidade
- Tema
- Economía
Venres, 29 de maio de 2009
Fonte:
Gabinete de Prensa
A Xunta de Compras do Concello de Lugo celebrada hoxe venres, 29 de maio, aprobou o investimento de máis de 20.000 euros para a realización de obras de mellora en dous centros educativos da cidade.
No centro Fingoi II realizaranse obras de mellora da accesibilidade e peche por un importe de 6.957 euros. Estas obras serán realizadas pola empresa Penas.
No Colexio de Casás, procederase á sustitución das portas de peche metálico. Esta actuación contará cun orzamento de 13.229 euros e será ejecutada pola empresa Portosar Galicia.