O Concello de Lugo expresa o seu fondo pesar polo falecemento de Darío Xohán Cabana
- Tema
- Alcaldía,
- Axenda institucional,
- Cultura e Turismo
O Concello de Lugo expresa o seu enorme pesar polo falecemento de Darío Xohán Cabana, insigne e recoñecido escritor e quere trasladar o seu máis profundo pésame á súa familia, amigos e achegados. Hoxe é un día de enorme tristeza para a cidade de Lugo, onde era un veciño moi querido, así como para toda Galicia, porque a súa obra forma parte xa do noso patrimonio cultural.
É tamén unha xornada de loito para todo o persoal deste Concello, no que Darío Xohán Cabana traballou durante décadas como funcionario da Área de Cultura, onde desenvolveu un labor encomiable e deixa enorme afectos.
Co pasamento de Darío Xohán Cabana, Lugo e Galicia perden a un excelente e brillante escritor, unha das mellores voces das letras contemporáneas e a un académico loitador pola lingua e a identidade cultural do país.