O Concello de Lugo celebra a IV edición do Imos Andando
- Tema
- Igualdade
Martes, 16 de xuño de 2009
Fonte:
Gabinete de Prensa
Mañá ás 12.00 horas sairá da Praza Maior a IV edición do Imos Andando, unha actividade organizada conxuntamente pola Concellería de Muller e Benestar Social e a Concellería de Deportes e que está dirixida principalmente aos maiores de 60 anos.
O programa consiste nunha caminata con saída da Praza Maior, pasando pola Avenida de Ramón Ferreiro, Ronda de Fingoi, Avenida de Alfonso X, o Parque do Miño e remate no Pazo de Feiras e Congresos, onde haberá un xantar popular con baile no que poderán participar todos aqueles que previamente se inscribiron nos Centros Sociais Municipais. Haberá servizo de autobuses dende as catro e media ata o final da xornada para facer o viaxe de volta á cidade.