Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (http://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello atende as demandas dos veciños da Avenida da Coruña e repinta un paso de peóns para garantir a seguridade viaria

O Concello atende as demandas dos veciños da Avenida da Coruña e repinta un paso de peóns para garantir a seguridade viaria

Fíxoo tras comprometerse a Alcaldesa o pasado martes nunha reunión coa veciñanza da zona, quen lle fixo chegar á rexedora a súa preocupación pola perigosidade deste paso de peóns dado a súa escasa visibilidade

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Seguridade,
    • Tráfico,
    • Urbanismo
Venres, 21 de outubro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello atende as demandas dos veciños da Avenida da Coruña e repinta un paso de peóns para garantir a seguridade viaria

O Concello de Lugo atende as demandas dos veciños e veciñas da Avenida da Coruña e acomete o repintado dun paso de peóns e as respectivas liñas de seguridade para garantir a seguridade viaria. Fíxoo tras comprometerse a Alcaldesa, Lara Méndez, o pasado martes nunha reunión coa veciñanza da zona, quen lle fixo chegar á rexedora a súa preocupación pola perigosidade deste paso de peóns dado a súa escasa visibilidade.

 


URL fonte: http://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-atende-demandas-dos-vecinos-da-avenida-da-coruna-e-repinta-un-paso-de-peons-para