Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (http://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello aproba melloras na rúa Santo Domingo da Calzada

O Concello aproba melloras na rúa Santo Domingo da Calzada

A Concellería de Infraestruras e Zona Rural, que dirixe Manuel Chaín, executará obras de mellora na rúa Santo Domingo da Calzada, nas que se van investir 24.400 euros

  • Tema
    • Obras en execución
Venres, 20 de febreiro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A actuación consistirá na renovación do pavimento e do abastecemento desta rúa situada no Grupo de vivendas La Paz, no barrio de Fingoi.

 A execución destes traballos foi adxudicada pola Xunta de Compras do Concello na reunión que celebrou este venres.

URL fonte: http://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-aproba-melloras-na-rua-santo-domingo-da-calzada