O Concello apoia a AECC no Día Mundial contra o Cancro iluminando de verde a fachada a noite do 4 de febreiro
A Casa Consistorial estará iluminada durante a tarde noite do día 4 como mostra de solidariedade
- Tema
- Alcaldía,
- Axenda institucional,
- Benestar social,
- Servizos sociais,
- Solidariedade
Mércores, 03 de febreiro de 2021
Fonte:
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo conmemora o Día Mundial contra o Cancro en apoio á Asociación Española Contra o Cancro (AECC), iluminando de verde a fachada como mostra de solidariedade.
O Concello colabora nesta iniciativa organizada pola Asociación Española Contra o Cancro (AECC) para visibilizar esta enfermidade lembrando, tamén, que a mellor forma de loitar contra esta patoloxía é dotar á sanidade de máis medios e de maiores fondos á investigación.