O Concello amplía desde hoxe o horario do transporte público ó HULA que empeza funcionar polas tardes
- Tema
- Protección da comunidade
A Concellería de Transportes e Protección da Comunidade, que dirixe José Rábade, amplía este luns o horario de transporte público ó Hospital Lucus Augusti que empeza funcionar en horario de tarde. Polas tardes tamén e todos os días da semana haberá servizo de autobuses urbanos ata o novo Hospital.
O servizo de autobuses normaliza hoxe o seu horario que comeza ás 7.20 da mañá e prolóngase ata as 22.20 horas. Desque abriron as primeiras consultas no HULA, o pasado 22 de novembro, o servizo de autobuses urbanos viña funcionando só de luns a venres laborais entre as 7.20 e as 15.15 horas e desde hoxe alonga o seu horario ata as 22.20 horas.
O servizo de buses ó novo Hospital consta de dúas liñas que saen cada 25 minutos da Ronda da Muralla, na zona de Sindicatos, e tres servizos especiais nas horas que coinciden co cambio de turno dos traballadores.
Durante todo o día funcionan as liñas 14, que fai o recorrido por Carlos Azcárraga e a Fervedoira, e a 14A, que vai polas Gándaras. E os servizos especiais -liñas 14, 14ªA e 14B- saen ás 7.20, 14.20 e 21.20 da Ronda da Muralla, Fonte dos Ranchos nº 28-30 (Esquina Dr. Ochoa) e Alfonxo X O Sabio (fronte á Facultade de Empresariais).
Colaboración no traslado
A Concellería de Transportes e Protección da Comunidade tamén colabora co Sergas no traslado de doentes de Calde ás novas instalacións hospitalarias, que comezou hoxe pola mañá.
O Concello púxose a disposición das autoridades sanitarias para para facilitar o traslado. O apoio que se requiriu para o traslado dos doentes de Calde consiste no presenza de axentes da Policía Local na rotonda de Garabolos para darlle prioridade ás ambulancias que levan a cabo o traslado dos enfermos.
Información das rutas de autobús das liñas do HULA [1] (Hospital Lucus Augusti)