O Concello adapta o horario de entrada ás escolas infantís municipais
Con esta medida, o concello facilita a Conciliación e atende ás solicitudes das persoas usuarias
- Tema
- Infancia,
- Educación,
- Centros de ensino
O Concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, anunciou no día de hoxe quena escola infantil Serra de Outes permitirase a entrada dos nenos e nenas ás 9 horas “para facilitar así a conciliación, permitindo que as nais e pais que teñan ás súas fillas e fillos no colexio Menéndez Pelayo poidan entrar á mesma hora”.
Esta medida, segundo explicou o concelleiro nacionalista, “é un exemplo do compromiso do concello de Lugo por permitir a conciliación”. Felipe Rivas indicou que “dende a concellería de Educación tentamos dar atención ás persoas usuarias das instalacións municipais, sempre pensando no benestar dos nenos e nenas”.
Segundo indicou Felipe Rivas, “esta é unha actuación que require dun mínimo esforzo e que pode ser de gran axuda para as usuarias e usuarios das instalacións municipais”.
Audio
- O Concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, sobre o horario das escolas infantís municipais | Descargar mp3 [1]