O colexio lugués Salesianos respira Arde Lvcvs
Lara Méndez e Carmen Basadre achegarónse este xoves ao centro educativo para visitar a exposición de xogos romanos que acolle o salón de actos
- Tema
- Alcaldía,
- Cultura e Turismo,
- Centros de ensino
Xoves, 09 de xuño de 2016
Fonte:
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, visitaron este xoves a exposición de xogos romanos organizada por Salesiani Luci Augusti, no salón de actos do colexio Divina Pastora-Salesianos.
Trátase dunha mostra realizada pola ANPA, alumnos e mestres, que pretende dar a coñecer os xogos que practicaban os nenos romanos e as distintas formas de entretenemento daquela época.