O Breogán, Emevé, Ensino e o CD Lugo súmanse á festa de benvida do Concello ao Nadal
Xogadores e xogadoras destes equipos participarán no acto institucional, ás 18:30 horas, na Praza Maior. Posteriormente, entregaranlle agasallos aos nenos e nenas, asinarán autógrafos e sacaranse fotos cos e cas que o desexen
Tampouco se quixo perder esta cita Quío o Esquío, a mascota de Xuvenlugo, que entregará pases para este evento
Estas actividades súmanse ao photocall, ao reparto de globos, á actuación das pandereteiras da Escola Municipal de Música e á chocolatada
- Tema
- Programación cultural
Os equipos deportivos da cidade CB Breogán, CV Emevé, CB Ensino e CD Lugo súmanse á festa que ten preparada o Concello este venres para darlle a benvida ao Nadal, a partir das 18:00 horas. Estas actividades arrincarán cun reparto de globos entre os nenos e nenas.
Representantes da directiva e distintos xogadores e xogadoras destes equipos participarán no acto institucional, ás 18:30 horas, na Praza Maior. Posteriormente, entregaranlle agasallos aos máis pequenos e pequenas da casa, asinarán autógrafos e sacaranse fotos cos e cas que o desexen.
O pívot do Breogán Henk Norel, xunto á mascota do equipo, Maximus, acompañarán aos veciños e veciñas que queiran participar nestes actos lúdicos. Do Emevé, estarán presentes, do equipo masculino, os xogadores Mario Povale e Pablo Villar, e do feminino, Paula Reija e Ainara Burgo. Por parte do Ensino asistirá o equipo feminino da liga DÍA e do CD Lugo, o capitán Carlos Pita, o entrenador Antonio Monteagudo, e os xogadores Serge Leuko e Borja San Emeterio. Tampouco se quixo perder esta cita Quío o Esquío, a mascota de Xuvenlugo, que entregará pases para este evento.
Nesta festa, a cidadanía tamén poderá gozar dun photocall. A iluminación de Nadal comezará a lucir esa mesma tarde, na que tamén soarán as panxoliñas do grupo de pandereiteiras da Escola Municipal de Música e se poderá saborear unha chocolatada final con churros.