O Arde Lucus alcanza o cuarto posto no ranking de www.7mejores.es
- Tema
- Xuventude
As festas de Arde Lucus organizadas pola Concellería de Xuventude alcanzaron xa o cuarto posto do listado da páxina web www.7mejores.es [1] na que se elixen os mellores festexos de España.
A celebración na que se recrea o pasado romano, ocupa o cuarto lugar despois das festas de San Juan de Soria, San Juan del Monte de Miranda de Ebro e das Fallas de Valencia; e por diante de festas de renome como a de Moros e Cristiáns de Alcoy ou o Carnaval de Cádiz.
O éxito do Arde Lucus viuse na súa última edición celebrada a pasada fin de semana e que reuniu na cidade a máis de 460.000 persoas. Ao longo de tres días, lucenses e visitantes desfrutaron desta festa que ten xa un gran recoñecemento, e que se viu reflexado no interese amosado polos medios de comunicación nacionais e doutras comunidades autónomas.
Dende o Equipo de Goberno reitérase o agradecemento á cidadanía lucense polo modo no que se volcan ano tras ano na festa e que a está a levar ao máis alto deste ranking.
Web Arde Lvcvs [2]