O Alcalde de Lugo visita as obras do novo Auditorio de Lugo
- Tema
- Urbanismo
Luns, 01 de decembro de 2014
Fonte:
Gabinete de Prensa
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, visitaron esta mañá as obras do novo Auditorio de Lugo xunto coa Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Ethel Vázquez.
López Orozco sinalou que “é unha instalación moi necesaria para a cidade e que agarda que a próxima celebración da Muralla como Patrimonio Mundial se poida realizar neste novo espazo”.
As obras do novo Auditorio de Lugo atópanse nun 65% de súa execución total e a Xunta prevé que estén rematadas a mediados de 2015. Esta instalación conta cunha inversión de 21 millóns de euros e vai a dispoñer de sete plantas, con aparcamentos, e dous espazos que sumarán máis de 1.200 butacas.