O Alcalde de Lugo visita a nova área de xogos infantís e o circuíto biosaudable da praza de Fonte dos Ranchos
- Tema
- Urbanismo
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Medio Ambiente e Zona Rural, Lino González Dopeso, visitaron esta mañá as actuacións levadas a cabo na praza Fonte dos Ranchos para a creación dunha área de xogos infantís e un circuíto biosaudable.
O novo circuíto biosaudable consta de 8 elementos instalados sobre unha superficie de 350 metros cadrados, recuberta de céspede artificial. Esta actuación contou cun investimento de 23.000 euros.
En canto á zona de xogos infantís consta de nove xogos divididos en dúas zonas: para nenos e nenas de menos de 6 anos (5 xogos) e outra para nenos e nenas de máis de 6 anos (4 xogos). A zona conta con chan amortiguante, e céspede artificial de cores que conta cunha superficie de 250 metros cadrados), o resto da superficie (403 metros cadrados) conta con céspede artificial de coloración verdosa, así mesmo colocáronse 11 bancos e dúas papeleiras .
Ademais, dotouse de rego por aspersión ao resto da zona verde existente (recuperándose os mecanismos de rego que estaban colocados no lugar que ocupa agora o Circuíto Biosaudable)
O total das actuacións levadas a cabo na zona de xogo infantil contaron cun investimento de 94.000 euros.
Este espazo converterase nun lugar de xuntanza para que nenos e maiores realicen exercicio ao aire libre.
O Alcalde indicou que “o equipo de Goberno está a traballar para que en todos os barrios da cidade existan zonas de xogo infantís e zonas biosaudables para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas de Lugo”.
Pola súa banda, o Concelleiro de Medio Ambiente explicou que neste momento se está a traballar na nova zona de xogo das costas do Parque de Rosalía, para que os nenos e nenas teñan unha zona de xogo adecuada.
Hospital
O Alcalde aproveitou a súa presenza no barrio para solicitar á Xunta de Galicia que “decida qué é o que van a facer co vello hospital, xa que este barrio naceu na contorna do hospital e hai que darlle solución a esta zona dotacional tan grande”.