O Alcalde de Lugo recibe ao presidente do Club Ourense Baloncesto
- Tema
- Deportes
Venres, 26 de marzo de 2010
Fonte:
Gabinete de Prensa
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá na Casa do Concello ao presidente do Club Ourense Baloncesto, Jorge Bermello.
O directivo do equipo ourensán visitou ao Alcalde para invirtalo a acudir ao clásico do baloncesto galego que se disputará o vindeiro domingo 28 de marzo entre o Leite Río e o Augas de Sousas en Ourense.
O Alcalde recibiu de mans de Bermello como recordo do derbi galego unha camiseta firmada por toda a plantilla do equipo ourensán.