Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (http://concellodelugo.gal)

Inicio > Nadal deportivo na cidade co I Torneo de fútbol sala de base Lugo Sala

Nadal deportivo na cidade co I Torneo de fútbol sala de base Lugo Sala

Miguel Fernández, Pablo Rivera, Manuel Otero e Marcos Pereira presentaron esta cita, que acollerán catro instalacións deportivas muncipais, o pavillón Daniel Cordido, a Casa do Deporte, o Palomar e o pavillón municipal dos deportes

O torneo constará de dúas fases, unha a nivel autonómico e outra a nivel nacional. Os encontros terán lugar os días 29 e 30 de decembro, e 2, 3 e 4 de xaneiro

  • Tema
    • Deportes
Mércores, 20 de decembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Nadal deportivo na cidade co I Torneo de fútbol sala de basa Lugo Sala

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, xunto co Deputado de Deportes, Pablo Rivera, o xefe territorial de deportes, Manuel Otero “Cadramón” e o presidente do club ADC Lugo Sala. Marcos Pereira, presentaron este márcores, na Sala de Usos Múltiples de Novas Tecnolíxas, a primeira edición do Torneo de Nadal de fútbol sala de base Lugo Sala. O  Concello colabora co clube nesta iniciativa poñendo a disposición da organización as instalacións deportivas necesarias para a celebración do evento. Así, os partidos, nas fases previas, terán lugar no Pavillón Daniel Cordido, na Casa do Deporte en no Palomar; sendo as fases finais no Pavillón Municipal dos Deportes.

No acto, Miguel Fernández agradeceu a disposición do club Lugo Sala para poñer no centro do deporte base a nivel nacional á nosa cidade, posto que, en datas tan sinaladas, Lugo será o referente deste deporte de tanta tradición entre os lucenses. Do mesmo xeito, invitou a todos os afeccionados a afeccionadas lucenses a que non desaproveiten a ocasión de disfrutar con esta competición e, ao mesmo tempo, a acoller con hospitalidade a todos aqueles que nos visiten dende outros lugares da nosa comunidade e do resto do país.

Pola súa banda, Pablo Rivera enxalzou a tradición do fútbol sala na provincia, amosando a colaboración da Deputación cos diferentes clubs deportivos de Lugo, sobre todo, os de base.

Para rematar, Manuel “Cadramón” quixo poñer de manifesto a grande experiencia dos organizadores do torneo, que, de seguro, avala o éxito do mesmo.

Dúas fases

Este torneo consta dunha primeira fase a nivel autonómico con 48 equipos das catro provincias galegas, en categorías benxamín, alevín, infantil e cadete, esta fase terá lugar os días 29 e 30 de decembro, tal e como avanzou o presidente do Lugo Sala. A segunda das fases desenvolverase durante os días 2, 3 e 4 de xaneiro do vindeiro ano, contando con 44 equipos, entre os clasificados da autonómica xunto con algúns invitados de distintos puntos do país, de Madrid, Toledo e Salamanca, entre outros. Nesta fase inclúese tamén a categoría xuvenil.

Documento

  • Calendario do torneo | Descargar pdf [1]

URL fonte: http://concellodelugo.gal/gl/novas/nadal-deportivo-na-cidade-co-i-torneo-de-futbol-sala-de-basa-lugo-sala

Ligazóns:
[1] http://concellodelugo.gal/sites/default/files/i-torneo-de-nadal-calendarios-fase-autonomica.pdf