Música, maxia e teatro enchen as prazas de Lugo, co Ágora Cultural da Deputación e Concello
Carmen Basadre e Pilar García presentaron este mércores a programación de actividades lúdico-culturais, totalmente gratuítas e para todas as idades, que achegan Concello e Deputación, durante os meses de xullo, agosto e setembro na capital luguesa
A Concelleira recalcou que “achegamos outra programación a todos os lucenses, cos que encheremos as prazas e parques da cidade, durante os meses de verán”
A Deputada destacou que “con esta iniciativa, Deputación e Concello queremos poñer en valor o traballo dos nosos artistas ao tempo que ofrecemos aos veciños unha nova iniciativa cultural, coa que seguir dinamizando a economía da provincia”
Paseos artísticos polo Camiño Primitivo, actuacións musicais, espectáculos de maxia e teatro, son só algunhas das 24 actividades da programación cultural deste ano
- Tema
- Cultura e Turismo,
- Programación cultural
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e a Deputada de Cultura, Artesanía e Deseño, Pilar García Porto, acompañadas do representante da Asociación CLAP, Alejandro Losada Brugo, presentaron este mércores na Praza da Milagrosa, o Ágora Cultural 2017. Trátase da programación lúdico-cultural, totalmente gratuíta e para todas as idades, que ofrecen Concello e Deputación de Lugo coa colaboración do Club Lúdico de Artes y Patafísica (CLAP), durante os meses de xullo, agosto e setembro, por distintas prazas da capital lucense. En total, son 24 actividades, de distintas disciplinas culturais, como teatro, maxia, música, así como paseos artísticos polo Camiño Primitivo.
No acto, a Concelleira subliñou que “co Ágora Cutural 2017 achegamos outra programación a todos os lucenses e para todas as idades, cos que encheremos as prazas e parques de toda a cidade, durante os meses de verán”.
Pola súa banda, a Deputada destacou que “con esta iniciativa, Deputación e Concello queremos poñer en valor o traballo dos nosos artistas ao tempo que aproveitamos os espazos públicos da cidade, ofrecendo aos veciños unha nova programación cultural coa que seguir dinamizando a economía da provincia. O Ágora Cultural 2017 é un grande atractivo, tanto para todos os lucenses, coma para os moitos turistas que se acheguen á cidade de Lugo durante os meses de verán, pois poderán desfrutar de concertos en directo, espectáculos de teatro ou maxia de primeiro nivel, totalmente de balde, por todas as prazas e parques da capital lucense.”
Paseos Artísticos polo Camiño Primitivo
A programación, totalmente gratuíta, do Ágora Cultural 2017 conta con Paseos Artísticos polo Camiño Primitivo, que terán unha duración aproximada de dúas horas. O obxectivo desta actividade é descubrir o Camiño Primitivo desde unha perspectiva artística, na que os participantes poderán tomar fotografías coas súas cámaras ou dispositivos móbiles e envialas a info@orbitacultural.com [1], coas que logo se creará un álbum colectivo na rede social Pinterest de recordo.
Os paseos terán lugar o 22 e 29 de xullo, 5, 12, 19 e 26 de agosto e 2 e 9 de setembro. A saída terá lugar ás 18:00 na Praza do Campo e rematará na Ponte Vella da capital luguesa. Os interesados en percorrer estes paseos poden inscribirse no 982 25 16 58 ou achegarse á Oficina Municipal de Turismo do Concello de Lugo.
Música, teatro e maxia
Concello e Deputación de Lugo organizan unha programación de actividades totalmente gratuítas durante os meses de xullo, agosto e setembro pola cidade de Lugo. As actividades son:
Xullo
- O 19 de xullo ás 19:00 horas no Parque Rosalía de Castro, terá lugar a actuación do Cuarteto da Luca.
- O 25 de xullo ás 12:00 horas na Praza Maior, terá lugar a actuación da Banda Municipal de Lugo, coincidindo co Día de Galicia.
- O 26 de xullo ás 19:00 horas na Praza Maior, terá lugar a actuación do Cuarteto da Luca.
- O 27 de xullo ás 20:00 horas na Praza Campo Castelo, Amparo Arias.
Agosto
- O 1 de agosto ás 20:00 horas na Praza da Soidade, o espectáculo 15 Primaveiras de Mamá Cabra.
- O 2 de agosto ás 12:00 horas na Praza Maior e ás 20:00 horas na Praza da Milagrosa, Pablo Díaz e a Banda TIC TAC TOC.
- O 3 de agosto ás 21:30 horas no Campo Castelo, Deep Mind.
- O 4 de agosto ás 21:00 horas na Praza do Campo, Airiños de Orbazai.
- O 8 de agosto ás 20:00 horas na Praza da Soidade, o espectáculo UP2DOWN da Compañía Traspediante.
- O 9 de agosto ás 12:00 horas na Praza Maior e ás 20:00 horas Paza da Milagrosa, Gyovagus de Mircromina títeres.
- O 10 de agosto ás 20:00 horas en Campo Castelo, Cygne, organizado pola Asociación Clap.
- O 10 de agosto ás 21:30 horas en Campo Castelo, David Prado.
- O 16 de agosto ás 12:00 horas na Praza Maior e ás 20:00 horas na Praza da Milagrosa, terá lugar o espectáculo Historia dun ilusionista, do Mago Rafa.
- O 17 de agosto ás 21:30 horas en Campo Castelo, Foolmakers.
- O 18 de agosto ás 21:00 horas na Praza do Campo, Devandoira.
- O 22 de agosto ás 20:00 horas na Praza da Soidade, o espectáculo Ekilibuá da Compañía de teatro Maintomano.
- O 23 de agosto ás 12:00 horas na Praza Maior e ás 20:00 horas na Praza da Milagrosa, o espectáculo Le Triska Inmobile de Isla LeTriska.
- O 24 de agosto ás 21:30 horas en Campo Castelo, Ven bailar á Verbena con Cris Vilariño e Davide Salvado.
- O 25 de agosto ás 21:00 horas na Praza do Campo, Os Valuros.
- O 29 de agosto ás 20:00 horas na Praza da Soidade, o espectáculo Bon Apetit de Teatro Ghazafelhos.
- O 30 de agosto ás 12:00 horas na Praza Maior e ás 20:00 horas na Praza da Milagrosa, o espectáculo Queres que cho conte? de Palimoco Teatro.
- O 31 de agosto ás 21:30 horas en Campo Castelo, Clave de Fado.
Setembro
- O 1 de setembro ás 21:00 horas na Praza do Campo, Gran Foliada.