Miguel Fernández entrega o Gran Premio Concello de Lugo do Campionato Nacional de Salto de Equigal
- Tema
- Deportes
Luns, 21 de maio de 2018
Fonte:
Gabinete de Prensa
O Voceiro Municipal, Miguel Fernández, entregou este domingo o trofeo do Gran Premio Concello de Lugo do Campionato Nacional de Salto, na categoría 1,35; enmarcado na 11ª edición do Salón Internacional do Cabalo - Equigal, celebrado no Pazo de Feiras e Congresos, e que patrocina o Concello xunto á Deputación de Lugo.
En primeira posición deste premio quedou Carla Morchón Cordovilla, en segunda; José Luis Milán Dopico, e en terceira, Javier González Fraga. Así mesmo, tamén se entregaron os premios do resto de probas.