Mañá remata o prazo de votación popular para elixir o cartel anunciador do Arde Lvcvs 2017
As persoas que aínda non o fixeron poden votar ata mañá ás 12:00 horas a través da páxina oficial destes festexos na rede social Facebook www.facebook.com/ardelucuslugo [1]
- Tema
- Cultura e Turismo,
- Xuventude
Mañá venres, 24 de febreiro, remata o prazo de votación popular do concurso para elixir o cartel anunciador do Arde Lvcvs 2017, co obxectivo de facer cómplice e partícipe á sociedade na elección da imaxe desta festa declarada de Interese Turístico Galego. A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, chamou a todas as persoas que aínda non o fixeran a votar ata mañá ás 12:00 horas, a través da páxina oficial destes festexos na rede social Facebook, www.facebook.com/ardelucuslugo [1], premendo no botón de gústame que aparece na imaxe de cada un dos carteis. A día de hoxe, os votos rondan os 11.000 e a publicación da votación tivo un alcance maior a 155.000 persoas.
Tras esta votación popular, un xurado profesional seleccionará, entre as 10 de maior puntuación, a obra gañadora. O fallo levarase a cabo o 27 de febreiro ás 11:00 horas na Casa da Xuventude. Como en edicións anteriores, o premio para o gañador ou gañadora ascende a 1.000 euros, sendo o traballo que anuncie esta festa nesta edición.
Para máis información sobre o Arde Lvcvs, pódese consultar a páxina web www.ardelucus.com [2] e as contas oficiais nas redes sociais facebook, twitter, instagram e youtube.
Audio
- Carmen Basadre, sobre o cartel anunciador do Arde Lvcvs 2017 |Descargar mp3 [3]