Mañá finaliza o prazo de entrega de solicitudes para o plan de emprego do Concello, (Con) trato feito!
De 09:00 a 14:00 horas, as empresas e entidades sen ánimo de lucro interesadas, poden presentar as súas solicitudes, debidamente cumprimentadas, no Rexistro Xeral do Concello
- Tema
- Emprego,
- Políticas activas de emprego,
- Fomento do emprego
Mañá xoves, 13 de outubro, remata o prazo de entrega de solicitudes para o plan de emprego 100% municipal, (Con) trato feito!. Así pois, todas as empresas e entidades sen ánimo de lucro interesadas poden presentar as súas solicitudes, debidamente cumprimentadas, no Rexistro Xeral do Concello, na Ronda da Muralla, de 09:00 a 14:00 horas.
(Con) trato feito! está dotado de 1.150.000 euros e contempla dúas liñas de axudas, unha destinada para empresas, dotada con 920.000 euros, e outra para entidades sen ánimo de lucro, duns 230.000 euros. Para a primeira as liñas serán subvencionables o 70% dos custos salariais e para a segunda, o 100%.
Para a selección de empresas ou entidades beneficiarias deste plan, que o Goberno Municipal puxo en marcha para facilitar a empregabilidade de calidade e en boas condicións salariais no municipio, atenderase a criterios sociais, como favorecer a conciliación familiar, ofertar ao contratado bolsas de estudo, plan de pensións ou seguros médicos, así como amparar a contratación de colectivos desfavorecidos, como parados de longa duración, mulleres ou maiores de 50 anos.
Máis información na web municipal www.lugo.gal [1].