Maite Ferreiro presenta o ciclo Reencontros Musicais Facela, co que colaboran as áreas de Cultura do Concello e da Deputación de Lugo
“Decidimos apostar por un ciclo de concertos de carácter máis sinxelos en apariencia, pero mantendo a selección musical do Facela”, afirmou a edil de Cultura
Os concertos serán de asistencia gratuíta e a entrada poderá retirarse na Oficina Municipal de Turismo
- Tema
- Alcaldía,
- Ensino de linguas
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua e deputada de Cultura, Maite Ferreiro, presentou o ciclo de concertos Reencontros Musicais Facela, “un ciclo de concertos gratuítos, sen grandes nomes, nos que se poidan manter todas as medidas sanitarias vixentes, máis coma sempre traendo a Lugo apostas de calidade, e variadas, axudando a conformar unha aposta cultural innovadora e diversa para todas e todos”, destacou Maite Ferreiro.
“Malia que tanto desde a área de Cultura do Concello coma da Deputación seguiamos dispostas a colaborar con este festival xa consolidado no tempo, a organización decidiu anulalo pola situación de emerxencia sanitaria que estamos a atravesar”, declarou Maite Ferreiro, que engadiu “esta edición especial contará con dous concertos, o 28 e o 29 de agosto, que manterán viva a esencia do Facela evitando grandes concentracións de xente”.
O primeiro concerto dos Reencontros Musicais Facela terá lugar o venres 28 a partir das 20:30, con Gancho Sanches e Ian Kay no exterior da Deputación de Lugo. O sábado 29, Pauline en la Playa e Bigott situaranse no exterior do Palacio Municipal dos Deportes a partir das 20:30. As entradas serán gratuítas, máis deberán retirarse con antelación na Oficina Municipal de Turismo, cun máximo de dúas por persoa.
Gancho Sanches
Tal e coma sempre formou parte do Fa Ce La Fest, xermolo deste ciclo de concertos, a aposta polas bandas galegas [1], este ciclo contará coa banda de Psych-Folk Chantadina Gancho Sanches, que demostrarán unha vez máis co seu directo que o galego se adapta de forma marabillosa a calquera estilo de música.
Ian Kay
Chegará coa súa banda para presentarnos en "Walk that road again" producido e gravado en Los Ángeles. Música que nos fala de historias de amor persoal, a través da angustia, despertares groseiros e outras relacións disfuncionais. Historias punkish e as veces provocativas.
Pauline en la Playa
É un grupo de música pop [2] asturiano [3] composto polas irmás Mar e Alicia Álvarez, que toma o nome do filme francés Pauline na praia [4] (Éric Rohmer [5], 1983). Un concerto moi especial, dun grupo que non se prodiga moito nas súas actuacións en directo.
Bigott
O artista zaragozano presentará en Lugo o seu derradeiro disco “This is all wrong”(2020), publicado xusto antes da crise sanitaria; disco preciosista e atemporal que nada entre o twee pop e o folk.