Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (http://concellodelugo.gal)

Inicio > Maite Ferreiro: “a apertura do novo auditorio farase con rigor e seriedade, os grupos de Lugo serán protagonistas”

Maite Ferreiro: “a apertura do novo auditorio farase con rigor e seriedade, os grupos de Lugo serán protagonistas”

A edil declarou que “o concello non aceptará unha instalación con deficiencias”

“As agrupacións e artistas lucenses serán as primeiras en actuar no novo auditorio”, indicou Maite Ferreiro

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Museos e exposicións,
    • Infraestruturas
Domingo, 01 de marzo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, indicou que dende a área de Cultura se sigue avanzando de cara á recepción do novo auditorio. Maite Ferreiro indicou que “dende o goberno municipal traballamos para realizar a apertura do novo auditorio con rigor e seriedade”.

Segundo Maite Ferreiro, “antes da recepción da obra, os técnicos de diferentes áreas do Concello, realizaron unha minuciosa inspección para cursar os correspondentes informes”. A edil de cultura declarou que “para garantir a seguridade das veciñas e veciños de Lugo e o bo funcionamento das instalacións, ata que as incidencias atopadas nestas inspeccións non se solucionen, o Concello non aceptará o auditorio”.

“As agrupacións e artistas lucenses, seguindo o criterio que aplicamos dende a área de Cultura nos últimos meses, serán as primeiras en actuar no novo auditorio”, indicou Maite Ferreiro, que engadiu “continuamos así a darlle importancia ao tecido cultural da nosa cidade, e ás obras de gran calidade que realizan”.

Audio

  • A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre a apertura do Novo Auditorio | Descargar mp3 [1]

URL fonte: http://concellodelugo.gal/gl/novas/maite-ferreiro-apertura-do-novo-auditorio-farase-con-rigor-e-seriedade-os-grupos-de-lugo-seran

Ligazóns:
[1] http://concellodelugo.gal/sites/default/files/2020-02-29_maite_ferreiro_auditorio.mp3