Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (http://concellodelugo.gal)

Inicio > Máis de 400 persoas recibiron un agasallo no primeiro día da campaña de Nadal da Praza e do Mercado Municipal

Máis de 400 persoas recibiron un agasallo no primeiro día da campaña de Nadal da Praza e do Mercado Municipal

Cristina López: “no día de hoxe facturáronse máis de 16.000€ só en compras superiores a 40€”

A campaña  O noso Mercado é un agasallo continuará durante os sábados de decembro e o primeiro  sábado de xaneiro

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural,
    • Economía,
    • Mercados
Sábado, 05 de decembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Máis de 400 persoas recibiron un agasallo no primeiro día da campaña de Nadal da Praza e do Mercado Municipal

A concelleira da área de Participación e Servizos á veciñanza, Cristina López, informou dos resultados da primeira semana da campaña O noso mercado é un agasallo, coa que desde a área de Participación se pretende promocionar o comercio local e de proximidade nunha ubicación tan emblemática do centro de Lugo como a Praza de Abastos e o Mercado Municipal. “No primeiro día de promoción, máis de 400 canxearon os seus comprobantes de compra por un agasallo”, explicou Cristina López, que engadiu “esta mañá os postos da Praza e do Mercado facturaro máis de 16.000€ só en compras superiores a 40€”.

A área de Participación agasallará distintos produtos durante todos os sábados do mes de decembro, xunto co sábado 2 de xaneiro do 2021. Entre estes produtos atópanse bolsas reutilizábeis serigrafiadas cos cadros gañadores do certame de Pintura Rápida, calendarios do ano 2021 con fotos históricas da Praza e o Mercado, e material promocional da Praza de Abastos e do Mercado Municipal.


URL fonte: http://concellodelugo.gal/gl/novas/mais-de-400-persoas-recibiron-un-agasallo-no-primeiro-dia-da-campana-de-nadal-da-praza-e-do