Máis de 200 deportistas déronse cita este domingo no XXVIII Tríatlon do Miño-Lugo Patrimonio
Miguel Fernández e Pablo Rivera entregaron os premios desta cita deportiva, afianzada no panorama galego e nacional
- Tema
- Deportes
O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, e o Deputado de Innovación, Participación Cidadá, Mocidade e Deportes, Pablo Rivera, entregaron esta mañá os premios aos gañadores do XXVIII Tríatlon do Miño que organiza o Club Tríatlon Cidade de Lugo Fluvial coa colaboración do Concello e da Deputación. A entidade local aposta un ano máis por esta cita deportiva, afianzada no panorama galego e nacional, que nesta edición congregou a 200 deportistas que disputaron esta competición polos lugares máis emblemáticos da cidade luguesa, “un escaparate histórico, cultural, paisaxístico e gastronómico da nosa cidade”, subliñou Fernández.