Lugo reivindica a diversidade coa primeira carreira Run color, coa que colabora o Concello
Lara Méndez e Miguel Fernández deron o pistolezao de saída das categorías infantís desta carreira, na que participaron máis de 750 persoas
- Tema
- Alcaldía,
- Deportes,
- Igualdade,
- Igualdade de dereitos
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, deron o pistolezo de saída as categorías infantís da primeira carreira Diversicorre Run Color, unha carreira que cumpre unha dobre función, realizar unha actividade lúdica deportiva e reivindicar a diversidade e a igualdade de oportunidades. O Deputado de Promoción Económica e Social, Álvaro Santos, tamén se achegou á Praza Maior, dende onde partiu esta carreira pioneira en Galicia, organizada polas asociacións Arelas, Alucem Lugo e As Quetas, coa colaboración do Concello: na que participaron máis de 750 persoas.