Lugo celebra o Día Mundial do Comercio Xusto cun mercado e diversas actividades na Praza Maior
O evento enmárcase na I Semana Intercultural de Lugo, impulsada polo Concello e a asociación Lugo Xusta, para sensibilizar á poboación sobre as alternativas de consumo
- Tema
- Asociacións sociais,
- Solidariedade,
- Consumo
Sábado, 13 de maio de 2017
Fonte:
Gabinete de Prensa
A Praza Maior acolleu este sábado unha gran festa para conmemorar o Día Mundial do Comercio Xusto, na que houbo un Mercado de comercio Xusto e Responsable e actividades diversas ao longo de toda a xornada. O evento enmárcase na I Semana Intercultural de Lugo, impulsada polo Concello e a asociación Lugo Xusta.
Esta programación cumpre un dobre obxectivo: sensibilizar á poboación lucense sobre as alternativas de consumo e promover a candidatura de Lugo como Cidade polo Comercio Xusto, dando cumprimento ademais a un acordo do Pleno Municipal.