Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (http://concellodelugo.gal)

Inicio > Lino Dopeso celebra o acordo da Comisión de Cultura do Parlamento pero volve a insistir na premura de repoñer as luminarias do adarve

Lino Dopeso celebra o acordo da Comisión de Cultura do Parlamento pero volve a insistir na premura de repoñer as luminarias do adarve

  • Tema
    • Urbanismo
Xoves, 04 de abril de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, manifestou a súa satisfacción ante o anuncio de que na Comisión de Cultura do Parlamento se aprobou por acordo unánime instar á Xunta de Galicia para que repoña as luminarias do adarve da Muralla.

Neste sentido, Lino González, manifestou que “o Goberno Municipal se congratula deste acordo unánime no Parlamento, xa que é algo que vimos pedindo dende hai moito tempo” e sinalou a importancia destas luminarias á hora de visitar a Muralla, especialmente agora de cara o verán.

“Agardamos que esta decisión unánime permita que o Goberno Autonómico actúe con prontitude e movilice os recursos económicos necesarios para que esa obra se leve a cabo o antes posible” segundo manifestou o Concelleiro de Medio Ambiente. Tamén aproveitou para lembrar que “non estaría mal que a Consellería de Cultura, que é o titular da Muralla, se puxera en contacto co Concello para asinar un convenio para o mantemento da mesma” matizando que “sempre que non fagan como no Cuartel de San Fernando, que unha vez que o teñen non cumpren coas súas obrigas de mellora e rehabilitación”.

O responsable de Medio Ambiente lembrou que dende o ano 2009 o Concello de Lugo leva insistido coa necesidade de repoñer as luminarias do adarve da Muralla e que a Xunta viña prometendo dende hai varios anos.


URL fonte: http://concellodelugo.gal/gl/novas/lino-dopeso-celebra-o-acordo-da-comision-de-cultura-do-parlamento-pero-volve-insistir-na