Lara Méndez preside a ofrenda da Corporación a San Froilán no día do patrón de Lugo
- Tema
- Alcaldía,
- Axenda institucional,
- Cultura e Turismo,
- Programación cultural
Luns, 05 de outubro de 2020
Fonte:
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu este luns a tradicional ofrenda floral da Corporación Municipal ao patrón de Lugo, San Froilán, nun acto que tivo lugar a partir das 12:00 horas na Catedral conmemorando o día do patrón de Lugo.
Previamente, a rexedora, quen lle desexou un bo San Froilán a todos os veciños e veciñas, e os concelleiros, desprazáronse en comitiva dende a Casa Consistorial ata a Catedral.