Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (http://concellodelugo.gal)

Inicio > Incidencias por mor da choiva e do vento

Incidencias por mor da choiva e do vento

  • Tema
    • Protección da comunidade
Mércores, 14 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Os Bombeiros foron a retirar unha árbore ás 6.40 horas da mañá, que caeu sobre a variante do río Rato e afectaba á circulación, unha patrulla da Policía Local regulou o tráfico na zona.
Momentos máis tarde, os Bombeiros e a Policía Local trasladáronse ao nº 29 da rúa Estaca de Bares para retirar uns cascotes da fachada deste edificio que da a ronda do Carme. Neste caso foi necesario colocar vallas de protección para os viandantes na zona afectada.
Posteriormente, e tamén debido á caída de cascotes, os Bombeiros trasladáronse á rúa Quiroga, 36 onde procederon á retirada dos cascallos da fachada.

O Servizo de Extinción de Incendios tamén se personaron na rúa Amor Meilán para retirar unhas pedras do tellado do antigo cuartel de San Fernando.


URL fonte: http://concellodelugo.gal/gl/novas/incidencias-por-mor-da-choiva-e-do-vento