Hoxe comezan no Centro de Convivencia de Fingoi as IX Xornadas de Tear Tradicional
Dende hoxe luns 6 de abril e ata o día 23 o Centro de Convivencia de Fingoi acolle as IX Xornadas de Tear Tradicional nas que os participantes coñecerán como se usar un tear tradicional, en colaboración coa Concellería de Benestar Social e Igualdade.
- Tema
- Benestar social

O curso celebrarase de luns a xoves de 17 a 19 horas e o número máximo de participantes por grupo será de 15. Os interesados poderán inscribirse ata o mércores 25 de marzo en horario de mañá no propio centro de convivencia ou no teléfono 982.29.74.55. Os asistentes poderán observar como se tece e, se o desexan, poderán practicar co propio tear.