Helloween, Axxis e Gamma Ray traen a Lugo a súa xira mundial
- Tema
- Xuventude
Os alemáns Helloween, Axxis e Gamma Ray actuarán o vindeiro xoves 17 de xaneiro no Pazo de Feiras e Exposicións a partir das 20:00 horas. As entradas están Á venda nas oficinas da OMIX -de 10:30 a 13:00 horas pola mañá e de 17:00 a 20:00 horas pola tarde de luns a venres-, nos establecementos El Diablo, GarÇon del Pis e Rivendel, e a través da páxina web www.tiktakticket.com [1].
Os prezos das entradas de venda anticipada será de 22,10 euros e de 26 euros en taquilla, sendo estas tarifas as máis baratas de toda a xira, que en España visitará as cidades de Madrid, Barcelona, Bilbao, Granada ademais de Lugo.
A xira mundial arrincou en Europa e transcorre por países como a República Checa, Suiza, Serbia, Noruega, entre outros. Ademais, visitará países asiáticos e sudamericanos, polo que Lugo estará presente neste exclusivo circuito mundial.
Horas antes do concerto, os músicos achegaranse ós seus fans nun encontro no que firmarán discos e camisetas.