Gañadores do concurso de graffitis da pista de skate
- Tema
- Xuventude
Luns, 12 de novembro de 2007
Fonte:
Gabinete de Prensa
O xurado do concurso de graffitis da pista de skate acordou esta mañá conceder os seguintes premios:
1º premio a Manuel Pallín Castro, que recibirá 200 euros en premios e pintará un muro.
2º premio a Marcos Pereira Lozano, que recibirá un lote de sprais valorado en 100 euros
3º premio a Tirso Juan Paz Sans, que recibirá un lote de sprais valorado en 50 euros.
O xurado acordou tamén conceder dous accesits a Diego Anido Seijas e Samuel López López, que recibirán un lote de 10 sprais cada un.
O xurado estivo formado polos Concelleiros de Deportes e Xuventude, José Manuel Díaz Grandío e Rosana Rielo e polo deseñador José Andújar Matalobos.