A Festa da Xuventude ‘en pantuflas’ deste sábado contará con música en directo do Dj lugués Marcos Peón
A concelleira da área, Ana González Abelleira, anima á mocidade lucense en participar para manter o optimismo e a unidade nesta complicada situación
O Dj lugués Marcos Peón será o encargado de poñer o ritmo nas nosas casas con música en directo
- Tema
- COVID-19,
- Cultura e Turismo,
- Música,
- Xuventude,
- Programas xuvenís
O goberno de Lara Méndez, dende a área de Xuventude que dirixe Ana G. Abelleira, convida aos mozos e mozas de Lugo a sumarse á celebración da Festa da Xuventude en pantuflas. O Dj lugués Marcos Peón será o encargado de poñer o ritmo nas nosas casas con música en directo, o evento terá lugar este sábado e dará comezo ás 22:00 horas, a través do Facebook do Concello.
“Nesta ocasión, ante a imposibilidade de realizar actos a pé de rúa pola pandemia do coronavirus, decantámonos polo formato dixital, ao que está xa moi afeita a mocidade”, comentou a edil, quen animou aos mozos e mozas a participar “xa que temos que manter o optimismo e a unidade nesta complicada situación”.