Exposición ao público do censo electoral para as Eleccións Xerais do 28 de abril
- Tema
- Alcaldía
Venres, 08 de marzo de 2019
Fonte:
Gabinete de Prensa
Durante o período comprendido entre os días 11 e 18 de marzo, ambos os dous inclusive, estará exposto ao público o censo electoral para as Eleccións Xerais do vindeiro 28 de abril de 2019 e pechado ao día 1/1/2019, ao obxecto de que todos os veciños e veciñas empadroados/as poidan comprobar a súa correcta inscrición nas listas de votación, e no seu caso, facer as reclamacións oportunas.
A consulta informática das listaxes electorais, que se deberá realizar persoalmente, é un trámite necesario e convinte para toda a cidadanía co fin de garantir o exercicio do dereito ao voto.
- LUGAR DE EXPOSICIÓN: Oficinas municipais. Ronda Muralla, 197
- PRAZO: 11 ao 18 de marzo
- HORARIO: 09:00 a 14.00 horas en días laborais, de 10:00 a 14:00 horas sábado día 16 e domingo día 17