A excursión a Cariño aprazada pola folga de buses terá lugar mañá
- Tema
- Cultura e Turismo
A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, que dirixe Ana González Abelleira, informa de que a excursión a Cariño con parada en Vilalba que estaba prevista para o pasado xoves, 13 de xullo, e que foi aprazada pola folga de buses terá lugar mañá, día 20. A saída será ás 9:00 horas dende a Praza de Bretaña, e o regreso ás 21:00 horas, no mesmo punto.
Esta viaxe forma parte da programación de animación sociocultural organizada pola Concellaría de Benestar Social para este verán co fin de ofrecer alternativas lúdicas aos veciños e veciñas.
As seguintes excursións terán lugar o 27 de xullo a Ourense, con parada en Monforte; o 3 de agosto a Ferrol, con parada en As Pontes; e o 17 do vindeiro mes, a San Cibrao, con parada en Mondoñedo.