Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (http://concellodelugo.gal)

Inicio > Está aberto o prazo para inscribirse no campus de baloncesto e inglés Summer Camp 2013

Está aberto o prazo para inscribirse no campus de baloncesto e inglés Summer Camp 2013

  • Tema
    • Deportes
Xoves, 11 de xullo de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O  Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e o representante da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, Oscar Engroba, presentaron hoxe o a primeira edición do campus Summer Camp 2013 que organiza esta entidade e que se celebra entre o 22 e o 28 de xullo.

Trátase dunha campus de verán para nenos e nenas nacidos entre os anos 1994 e 2005, será integramente en inglés e está dirixido e diseñado por Luis Guil, entrenador da ACB e seleccionador nacional U19. No campus traballarase con entrenadores de fala inglesa que repartirán a carga deportiva e lectiva do campus en grupos reducidos e en diferentes niveis. As actividades terán lugar no Pazo Provincial dos Deportes.
Díaz Grandío destacou que se trata dunha actividades alternativa para este tempo de verán para levar a cabo unha mellora da práctica deportiva e formativa.
Para máis información e inscripción ajsc_lugo@hotmail.com [1] ou no 619 66 27 09

URL fonte: http://concellodelugo.gal/gl/novas/esta-aberto-o-prazo-para-inscribirse-no-campus-de-baloncesto-e-ingles-summer-camp-2013

Ligazóns:
[1] mailto:ajsc_lugo@hotmail.com