Entra en funcionamento o primeiro aseo autolimpable da cidade, instalado no Parque Rosalía de Castro
Está programado para abrir de 09:00 a 22:00 horas. É gratuíto e o sistema está plantexado para abrirse automaticamente aos 15 minutos por seguridade e para evitar calquera contratempo
- Tema
- Infraestruturas,
- Medio ambiente,
- Residuos
O Concello pon en servizo hoxe luns o primeiro aseo autolimpable da cidade, instalado no parque Rosalía de Castro, concretamente nun dos laterais do xardín, na contorna da avenida García Portela.
Deste xeito, a entidade local ofrece á veciñanza un servizo de baños públicos no corazón verde do centro da cidade. Está programado para abrir de 09:00 a 22:00 horas. É gratuíto e o sistema está plantexado para abrirse automaticamente aos 15 minutos por seguridade e para evitar calquera contratempo. Cada vez que a persoa usuaria abandone o espazo, o aseo límpase por dentro. Os xardineiros deste parque serán os encargados do seu mantemento, dispoñendo xabón e papel hixiénico no aseo.
O Concello investiu 37.300 euros neste aseo autolimpable, accesible, que ase adapta ás características deste parque, como por exemplo revestimento de madeira.