Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (http://concellodelugo.gal)

Inicio > As dúas actividades adiadas con motivo do Día Internacional das Mulleres terán lugar o 17 de abril

As dúas actividades adiadas con motivo do Día Internacional das Mulleres terán lugar o 17 de abril

  • Tema
    • Deportes,
    • Igualdade,
    • Conciliación,
    • Xuventude,
    • Programas xuvenís
Venres, 26 de marzo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
As dúas actividades adiadas con motivo do Día Internacional das Mulleres terán lugar o 17 de abril

A concelleira de Muller, Igualdade e Xuventude, Ana González Abelleira, informa que o obradoiro  Coeducad@s, a cargo de Caxoto contactontos  e a II Xincana: Se o amor apreta non é da túa talla, enmarcados na programación do 8M, que foran adiados, terán lugar o sábado, 17 de abril.

Mantense o horario e as localizacións. Ás 12:00 horas o obradoiro na Praza Maior, e ás 18:00 horas a xincana, tamén na Praza Maior.

A 2ª edición da xincana Se o amor apreta non é da túa talla, para mozos e mozas de 14 a 35 anos, tivo moi boa acollida na primeira edición, fai referencia a conceptos como o da media laranxa, os celos ou a paixón eterna, rachando con estereotipos estendidos na sociedade. É unha proba de estratexia e habilidade coa que se pretende desmitificar o amor romántico e os tópicos que rodean as relacións sentimentais na procura da consecución da igualdade.

O obradoiro, a cargo de Caxoto Contacontos, prantexado cunha metodoloxía activa participativa, cun importante compoñente lúdico, onde se tratarán os estereotipos de xénero, a corresponsabilidade, a parella e a violencia de xénero. Ten unha duración de ao redor dunha hora.


URL fonte: http://concellodelugo.gal/gl/novas/duas-actividades-adiadas-con-motivo-do-dia-internacional-das-mulleres-teran-lugar-o-17-de