Convócase a Comisión de Festas para este venres
Na xuntanza daranse conta aos grupos da corporación dos avances na programación do San Froilán
- Tema
- Cultura e Turismo,
- Programación cultural,
- Xestión cultural
Martes, 03 de setembro de 2019
Fonte:
Gabinete de Prensa
A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou no día de hoxe a convocatoria da Comisión de Festas para este venres ás 12:30. Segundo Ferreiro, esta xuntanza servirá “para dar conta ao resto de grupos da corporación dos avances realizados na confección desta edición do San Froilán”.
“Desde a concellería de Cultura non fixemos ningún anuncio relevante durante as últimas semanas por lealdade co resto de grupos da corporación”, indicou Maite Ferreiro, e engadiu, “estamos a traballar con todas as propostas que nos chegaron para facer do San Froilán a gran festa do outono galego”.