Contratación de prazas en campamentos de verán para nenos e nenas con discapacidade
- Tema
- Educación,
- Igualdade de dereitos,
- Conciliación,
- Accesibilidade
Mércores, 10 de xullo de 2019
Fonte:
Gabinete de Prensa
A área de Cohesión Social levou a Xunta de Goberno local a contratación de prazas para nenos e nenas con discapacidade para os campamentos de verán durante o mes de agosto e a primeira semana do mes de setembro co fin de facilitar a integración nos mesmos e que poidan mellorar a súa calidade de vida.
A concelleira Ana González Abelleira destacou a importancia de poder integrar aos nenos e nenas nas actividades dos campamentos, non só para facilitar a conciliación senón tamén para “que se sintan totalmente integrados co resto dos nenos”.
Prorrógase o contrato do Servizo de Comida no Fogar
Aprobouse ademais, a prórroga do contrato do Servizo de Comida no Fogar, que atende a unha media de 80 persoas.