Concello e Deputación reúnen mañá a expertos sobre o avance do tren en Lugo nunha xornada aberta á veciñanza
- Tema
- Alcaldía,
- Participación
Martes, 05 de marzo de 2019
Fonte:
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo a Deputación reúnen mañá, mércores, día 6 de marzo, a varios expertos nunha xornada de debate sobre o avance do tren na provincia, aberta a toda a veciñanza, polo que a convidan a participar. Celebrarase ás 19.30 horas no salón de actos da Deputación.
No acto, no que a Alcaldesa, Lara Méndez, será a moderadora, estarán presentes Álvaro Santos, deputado provincial de Relacións Institucionais, a plataforma cidadá Lugo non perdas o tren e a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL).
Os poñentes serán o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, e os enxeñeiros Juan Carlos Fernández e César Cordovilla.