Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (http://concellodelugo.gal)

Inicio > A Concelleira de Cultura recibe á primeira residencia literaria itinerante para actualizar a temática xacobea

A Concelleira de Cultura recibe á primeira residencia literaria itinerante para actualizar a temática xacobea

Cinco poetas de distintas nacionalidades comezaron este martes a ruta no Cebreiro para continuar até Compostela

A iniciativa está organizada pola fundación Novoneyra

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural
Xoves, 24 de outubro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Concelleira de Cultura recibe á primeira residencia literaria itinerante para actualizar a temática xacobea

A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, recibiu a cinco poetas, procedentes de distintos países, que están a desenvolver a primeira residencia literaria itinerante Uxío Novoneyra para actualizar a temática xacobea. Talatá Rodríguez dende Bos Aires; Fátima Delgado dende Madrid: Luiza Fernandez, brasileira e Diego Horschovski, arxentino dende Compostela e Demián Rabilero,  dende Cuba, deixaron os seus lugares para facer a pé os 154 quilómetros a Compostela dende O Cebreiro.

A Fundación Novoneyra estabeleceu como un dos obxectivos desta iniciativa actualizar a temática xacobea. Durante a viaxe, os poetas escribirán sobre os seus pasos e compartirán as súas creacións en centros educativos do Camiño.

Audio

  • A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre a recepeción de poetas | Descargar mp3 [1]

URL fonte: http://concellodelugo.gal/gl/novas/concelleira-de-cultura-recibe-primeira-residencia-literaria-itinerante-para-actualizar

Ligazóns:
[1] http://concellodelugo.gal/sites/default/files/191024_maite_ferreiro_poetas.mp3