Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo
- Tema
- COVID-19,
- Protección da comunidade,
- Seguridade,
- Tráfico
Delito de defraudación de fluído eléctrico
Sobre as 18.00 h do día 17 de setembro, cando unha patrulla da Unidade Territorial da Policía de Barrio da Policía Local de Lugo acudía a unha vivenda da rúa Milagrosa para comprobar o cumprimento da pena de localización permanente dunha persoa, observa como do cadro de luces do portal do edificio sae unha mangueira polo oco da escaleira ata o segundo piso onde cumpre condena esta persoa, motivo polo cal se instrúen dilixencias por un presunto delito de defraudación de fluído eléctrico, dando coñecemento ao servizo correspondente.
Traballadores sen alta na seguridade social
A madrugada do 17 ao 18 de setembro, o equipo de Atestados da Policía Local de Lugo intervén nun accidente de circulación ocorrido ás 00.40 h en República Argentina, no que ven implicados dous vehículos, comprobando que o condutor dun deles presentaba signos de embriaguez polo que foi sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,89 mg/ l e detectándose que lle constaba no Rexistro de Condutores a perda de vixencia do permiso de condución, polo que se instrúen dilixencias por DOUS delitos contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.
Sobre as 3.35 h do mesmo día, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta a condución irregular dun turismo pola Rampla de Claudio López, observando que o condutor presenta signos de estar baixo os efectos de bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,91 mg/ l, polo que se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
Control Normativa Covid
Durante as madrugadas do sábado 18 e domingo 19 de setembro, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policia Local de Lugo estableceron dispositivos para o control da normativa Covid, levantándose 4 actas de denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia por non facer uso da máscara, 1 acta de denuncia por infracción á lei de Residuos de Galicia por ouriñar na vía pública, 1 acta de denuncia por quebrantamento do horario de peche dun local de hostalería e 2 actas de denuncia por infracción á Lei de Seguridade Cidadá por falta de respecto aos axentes da autoridade.