Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (http://concellodelugo.gal)

Inicio > Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

  • Tema
    • COVID-19,
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade,
    • Tráfico
Venres, 15 de maio de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Molestias por ruídos no interior de vivendas

Efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo acudiron, sobre as 23:55 horas do 13 de maio, a un edificio da rúa Luís Seoane xa que os veciños denunciaban os constantes ruídos que proviñan dunha vivenda.

Os axentes comprobaron que no interior dun entresollado estaban a celebrarse uns aniversarios onde se atopaban reunidas dez persoas, advertindo ao titular das molestias que estaban a ocasionar, cesando inmediatamente a reunión.

Con todo, ao manifestar que ese entresollado era o seu domicilio, os axentes levantaron acta para remisión a Disciplina Urbanística do Concello por seu houbese infraccións urbanísticas

Axuda humanitaria

Efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio acudiron, sobre as 7:40 horas do día 13 de maio, a un inmoble da Avenida da Coruña xa que unha persoa necesitaba asistencia sanitaria e unha dotación do 061 non conseguía acceder ao interior da vivenda debido a que non respondía ninguén ás súas chamadas. Os axentes realizan as xestións necesarias localizando ao fillo desa persoa que compareceu no domicilio, accedendo ao interior e achando a unha muller de 80 anos tendida no chan e consciente, sendo atendida inmediatamente polos servizos sanitarios e trasladada posteriormente a un centro sanitario.


URL fonte: http://concellodelugo.gal/gl/novas/comunicado-de-prensa-da-policia-local-de-lugo-15-05