Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (http://concellodelugo.gal)

Inicio > Comeza o proceso de votación popular para escoller o cartel anunciador do San Froilán 2019

Comeza o proceso de votación popular para escoller o cartel anunciador do San Froilán 2019

As 39 obras que compiten pódense votar en www.sanfroilan.info [1] ou accedendo a través do Facebook oficial destes festexos www.facebook.com/sanfroilan.info [2] ata o 31 de maio

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural
Luns, 27 de maio de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello vén de abrir a votación popular do concurso de deseño gráfico para elixir o cartel que anunciará o San Froilán 2019, coa finalidade de facer cómplice e partícipe á sociedade na elección da imaxe desta festa declarada de Interese Turístico Galego e Nacional, que se celebrará do 4 ao 12 de outubro.

As 39 obras que compiten, pódense votar xa na web das festas patronais, www.sanfroilan.info [1], ou accedendo a través do Facebook oficial destes festexos, www.facebook.com/sanfroilan.info [2], ata as 12:00 horas do día 31 de maio. Para poder realizar a votación soamente é necesario rexistrarse cun enderezo electrónico, o que permite un reconto de votos máis seguro.

Tal e como recollen as bases, tras esta votación popular, un xurado formado por tres persoas expertas seleccionará, entre as 10 de maior puntuación, a obra gañadora. O fallo levarase a cabo o 5 de xuño ás 11:00 horas na Casa Consistorial, día no que tamén se seleccionará o cartel do San Froilán Miúdo. Como en edicións anteriores, o premio para o gañador ou gañadora ascende a 2.000 euros e para o neno ou nena gañadora do cartel do San Froilán Miúdo un premio adaptado á súa idade valorado en 300 euros.


URL fonte: http://concellodelugo.gal/gl/novas/comeza-o-proceso-de-votacion-popular-para-escoller-o-cartel-anunciador-do-san-froilan-2019

Ligazóns:
[1] http://www.sanfroilan.info
[2] http://www.facebook.com/sanfroilan.info