Comeza o curso homologado de manexo de carretillas elevadoras enmarcado dentro do +Xti co total das prazas cubertas
- Tema
- Formación,
- Emprendemento,
- Fomento do emprego,
- Novas tecnoloxías,
- Xuventude,
- Programas xuvenís
Xoves, 02 de xullo de 2020
Fonte:
Gabinete de Prensa
A concelleira de Muller, Igualdade e Xuventude, Ana Gonzalez asistiu á inauguración do curso homologado de manexo de carretillas elevadoras, destinado a lucenses de 18 a 55 anos, empadroados en Lugo, enmarcado dentro do +Xti, unha programación organizada polo Concello de Lugo e subvencioanda polo Plan Nacional de Drogas.
A actividade, que é gratuíta, desenvolverase no mes de xullo, no Centro de Formación do Transporte de Lugo (En Garabolos).