Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (http://concellodelugo.gal)

Inicio > Comeza a funcionar sen incidencias a nova adxudicataria do Centro de Día Novo Antonio Gandoy

Comeza a funcionar sen incidencias a nova adxudicataria do Centro de Día Novo Antonio Gandoy

A alcaldesa Lara Méndez e a concelleira Olga López acudiron ata o centro para darlles a benvida ao ano novo aos usuarios e usuarias

  • Tema
    • Benestar social,
    • Centros sociais,
    • Atención cidadá
Venres, 03 de xaneiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comeza a funcionar sen incidencias a nova adxudicataria do Centro de Día Novo Antonio Gandoy

A nova empresa adxudicataria do centro de día Novo Antonio Gandoy, OHL Servicios Ingesan Sapor, comezou onte a prestación do servizo sen ningún tipo de incidencias. Esta mesma mañá a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a  concelleira  de Benestar Social, Olga López Racamonde, achegáronse ata as instalacións para coñecer de primeira man como foron os dous primeiros días de servizo e para felicitar o ano novo aos usuarios e usuarias, felicitación que xa realizaron en días anteriores no resto de centros municipais.

Segundo comentou a concelleira, a empresa cumpriu con todos os requisitos esixidos, ao igual que co servizo de transporte. Os vehículos adaptados chegaron hoxe, pero onte, segundo sostivo a edil, os usuarios e usuarias puideron facer uso dun eurotaxi que puxo a súa disposición a empresa. “A adxudicataria mandoulles unha carta con tempo suficiente para avisarlles desta alternativa para onte”, aclarou. 

Ante as críticas do PP, a edil criticou que “faga denuncias sen estar antes informado, polo que, lonxe de desenvolver con criterio o seu traballo de fiscalización, o único que fan con mentiras é crear malestar e preocupación entre os usuarios”. 

A nova adxudicataria da servizo de luns a sábado (sempre laborables), ámbolos dous días inclusive, en horario de 8.00 horas a 20.00 horas, así como dous domingos ao mes,  o primeiro e terceiro,  en horario de 11.00 a 18.00 horas.

Entre as melloras do seu contrato, ofertaron un vehículo adaptado máis e máis actividades para os usuarios.

A empresa atende os módulos de prestacións sociais, de atención xeriátricarehabilitadora e de atención á saúde psicofísica e dietética, así como do aseo e o coidado persoal diario dos usuarios e usuarias. O servizo inclúe, ademais, o apoio necesario para a mobilización das persoas usuarias a fin de manter un nivel de funcionalidade e de interacción social adecuado, ademais do desenvolvemento de actividades de ocio, culturais e creativas e as vinculadas coa socialización e participación.

Audio

  • A concelleira de Benestar Social, Olga López Racamonde, sobre o Centro de Día Novo Antonio Gandoy | Descargar mp3 [1]

URL fonte: http://concellodelugo.gal/gl/novas/comeza-funcionar-sen-incidencias-nova-adxudicataria-do-centro-de-dia-novo-antonio-ganddoy

Ligazóns:
[1] http://concellodelugo.gal/sites/default/files/users/user42478/030120_antonio_gandoy.mp3