Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (http://concellodelugo.gal)

Inicio > Comeza a construcción das novas zonas verdes da praza de Quiroga Ballesteros

Comeza a construcción das novas zonas verdes da praza de Quiroga Ballesteros

Rubén Arroxo: "en moi pouco tempo poderase desfrutar dunha zona totalmente renovada nunha zona histórica da cidade"

O Tenente Alcalde agradeceu a colaboración da veciñanza e comerciantes da zona durante as obras

 
  • Tema
    • Infraestruturas
Domingo, 13 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comeza a construcción das novas zonas verdes da praza de Quiroga Ballesteros

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, visitou a rúa Quiroga Ballesteros, onde se están a construír as novas zonas verdes da praza peonil. "Estamos a falar dunha das zonas máis importantes da cidade, onde se localizan instalacións históricas como a Praza de Abastos e o Mercado Municipal", afirmou Rubén Arroxo,  que engadiu "desde o Goberno de Lugo melloramos esta zona histórica do centro, gañando todas as veciñas e veciños un importante espazo peonil".

Rubén Arroxo agradeceu "a colaboración da veciñanza e das comerciantes da zona polas molestias que ocasionan este tipo de actuacións, especialmente nas primeiras fases", e destacou tamén "a disposición da empresa e das traballadoras e traballadores para levar adiante este proxecto co mellor ritmo posíbel, tratando de reducir ao máximo as molestias ocasionadas". Os traballos realizados na rúa incluíron a renovación do saneamento, as instalacións eléctricas e o alumeado público, ademais da renovación de rexistros, xunto co o mobiliario urbano para a nova rúa peonil que se está a instalar actualmente.

Arroxo lembrou que "o proxecto ampliouse para mellorar tamén a estética da parte baixa de Santo Domingo". Nesta rúa, actuouse no treito de dobre curva que se atopa pegado á saída do aparcadoiro soterrado, gañando uns 120 metros cadrados de espazo humanizado, sen supoñer un custo a maiores no prezo final da actuación.


URL fonte: http://concellodelugo.gal/gl/novas/comeza-construccion-das-novas-zonas-verdes-da-praza-de-quiroga-ballesteros