Cinco cooperativas galegas compartiron as súas experiencias empresariais nunha xornada organizada polo Concello de Lugo
- Tema
- Economía
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, inaugurou hoxe a xornada sobre Cooperativas : Outro Xeito de emprender, que tivo lugar esta mañá no centro de Empresas e Innovacións e na que participaron unhas cen persoas.
A xornada, programada en formato de mesa redonda, participaron os representantes de cinco cooperativas galegas que contaron a súa experiencia empresarial. Esta sesión foi moderada por Ramón Mazoy Fernández, Doutor en Bioloxía e Técnico superior de xestión da Oficina de Investigación e Tecnoloxía da USC.
Interviñeron nesta xornada representantes das seguintes cooperativas:
*A Xoaniña: Cooperativa de consumo responsable que aglutina aos produtores ecolóxicos da zona de ferrolterra. http://www.cooperativaxoaninha.org/ [1]
*Ardora: Cooperativa que desenvolve actividades de formación e servizos no sector pesqueiro. http://www.ardoraformacion.com/ [2]
*Milhulloa: Cooperativa adicada ao cultivo de prantas mediciñais e aromáticas, actividades de formación relacionadas coa agricultura ecolóxica e coa cosmética natural. http://www.milhulloa.com [3]
*Os Irmandiños: Cooperativa adicada á fabricación de pensos para animais e prestación de servizos relacionados coa agricultura e a gandeiría.
*Equal: Cooperativa adicada ao ensino non regrado e a educación ambiental. http://www.centroequal.com/ [4]