Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (http://concellodelugo.gal)

Inicio > A Casa Consistorial ilumínase de morado conmemorando o Día Mundial do Alzheimer

A Casa Consistorial ilumínase de morado conmemorando o Día Mundial do Alzheimer

  • Tema
    • Axenda institucional,
    • Benestar social,
    • Servizos sociais
Luns, 20 de setembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo conmemora o Día Mundial do Alzheimer, 21 de setembro, iluminando de morado a fachada da Casa Consistorial co fin de visibilizar esta demencia.

A petición, trasladada á rexedora lucense chegou a través de AFALU, " Asociación de Familiares e Enfermos de Alzheimer e outras demencias  neurodegenerativas de Lugo".

A Asociación de Familiares e Enfermos de Alzheimer ( AFALU) nace no ano 2002 ante as necesidades expresadas polos familiares e como medio para encontrar solucións que puidesen mellorar a calidade de vida tanto de familiares coma de enfermos.


URL fonte: http://concellodelugo.gal/gl/novas/casa-consistorial-iluminase-de-morado-conmemorando-o-dia-mundial-do-alzheimer