A arte dramática chega ao Cemiterio Municipal de San Froilán coa representación de Don Juan Tenorio
A función terá lugar mañá martes ás 20:00 horas. Todos os interesados en asistir deberán presentar unha invitación, que se pode retirar no Centro de Servizos Municipais ou no propio cemiterio unha hora antes do inicio da actuación
- Tema
- Programación cultural,
- Cemiterio
A arte dramática chega ao Cemiterio Municipal de San Froilán coa representación dun fragmento da obra do dramaturgo español José Zorrilla, Don Juan Tenorio. A función, que correrá a cargo do Taller de Arte Dramática do Campus de Lugo e do Taller de Arte Dramática Espazo Artístico 10, terá lugar mañá martes, 17 de novembro, ás 20:00 horas.
Todos os interesados en asistir deberán presentar unha invitación, que se pode retirar nas oficinas do cemiterio, sitas no Centro de Servizos Municipais, na rúa da Muralla, 197; ou ben no propio cemiterio unha hora antes do inicio da actuación.
A representación de Don Juan Tenorio forma parte da programación elaborada polo Concello de Lugo para conmemorar o Día de Defuntos, que contemplou unha visita nocturna ao cemiteiro, a IV edición do Concerto da Lembranza, un concurso de epitafios e outro de fotografía.